ACTIVIDADES INFANTIS e INTERACIÓN CON CABALOS

 

Recolección de frores, descubriremos as propiedades do Sabugueiro, realizaremos tinturas e espumoso e unha degustación de productos elaborados con Sabugueiro.

Desde sempre, desde que o mundo existe convivimos coas plantas, estamos vinculadas e conectadas con elas, creemos que somos diferentes ou superiores, pero en realidade somos a mesma cousa.

O noso corpo é moi similar ós corpos das plantas, só temos que observarnos. Os nosos pés e as súas raíces conectannos á terra, unha terra que nos nutre e nos ama profundamente, non somos nada sen ela. Os nodos troncos parecidos e a vez distintos, a nosa estructura é o nexo de unión entre o ceo e a terra, deste corpo saen brazos e mans, igual das árbores saen ramas que sustentan follas das que sairán as flores, son as ideas e ilusións o que nos move, igual que o vento axita esas copas grandes ou floreciñas pequenas que somos nos.

O mesmo que por fora é por dentro. Elas teñen os mesmos procesos que nos, só temos que atopar a que nos é afín, e unha vez que esto pasa, a maxia sucede.

Unha de estas plantas máxicas é o sabugueiro. Tantas frores ten como usos lle atopamos. Representa o espíritu máxico e protector. Abre os poros do noso ser e reflexa a nos verdadera identidade, máis limpa,auténtica e renovada. Axudanos a dirixir a enerxía e explorar o subconsciente, traumas e medos que nos perturban. Tamen hidrata e protexe a pel en feridas, quemaduras, hemorroides, forúnculos, e limpa e restaura procesos respiratorios, catarros, gripes, reuma….¿seguimos?

Impartido por Diana Fernández Pedrouzo Fitoterapeuta, técnica en xardinería especialista en prantas mediciñais, aux. Enfermería

FECHA: SÁBADO 4 DE MAIO  –  COMEZO as 10 Horas

LUGAR: FINCA DA SEARA EN COVELO

INFORMACIÓN Y RESERVAS: PATRICIA 660 519 655

INDIVIDUAL 30 €
FAMILIA  50 €
Xantar popular: cada un leva algo para compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies