¡BENVIDA!
EOMAIA nace para camiñar xuntas, en proxectos baseados no respecto ao humano e o amor á vida, movéndose no equilibrio da máis rica diversidade.
O obxectivo social de Eomaia é a procura da calidade de vida, a igualdade de oportunidades no acceso ao benestar e á participación social, a total integración social de todos os colectivos, a conciliación familiar, o empoderamento da muller, o desenvolvemento persoal e a mellora da saúde.
Os nosos valores fundamentais son: o respecto a todos os seres, o amor á vida, a sensibilidade, a colaboración, o apoio mutuo e a comunicación e entendemento entre as persoas.
Eomaia defende e traballa para que todas as persoas poidan acceder a unha vida digna e adecuada que lles asegure, a elas e as súas familias, a saúde e o benestar, en consonancia co artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O programa da Fundación Eomaia está formado por tres eixes: o Nacemento, o Desenvolvemento da vida e a Morte. En cada un deles, realizamos actividades e propostas didácticas para colaborar no benestar das persoas, tamén co obxectivo de lograr unha repercusión máis ampla, social e comunitaria.
Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2009/20.
Inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social co número E-6523 (RUEPSS) da Xunta de Galicia.
Inscrita como entidade no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.
ASÍ NACEMOS
Dedicamos unha boa parte dos nosos esforzos a favorecer os tránsitos da chegada e a despedida da vida, por crear espazos para o coidado das familias acordes coa formación de persoas libres e coidadosas consigo mesmas e a súa contorna e esforzámonos por acompañar no respecto a decisións vitais. leer más
A QUEN NOS DIRIXIMOS?
Dirixímonos a toda a familia, a familia entendida en toda a súa plenitude. A familia á que pertencemos todas/os, a familia coa que convivimos día a día na casa, no traballo, a rúa…
As actividades, obradoiros e consultas que ofrecemos están dirixidas á saúde e o benestar integral das persoas e do conxunto da sociedade, sumando, na medida das nosas forzas, a aquilo no que cremos: a capacidade de cada persoa para mellorar na vida, na morte, e en todas as súas manifestacións.
O noso ámbito de actuación abrangue a comunidade de Galicia.
HISTORIA
Nace no meu orixen, o capital económico e moito máis proporcionaronmo meu pai José e miña nai Lucía.
Ela deume a comprensión do mundo e él práctica de cómo realizar esa comprensión. leer más
Localización
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Actividades Criadeira Xaneiro 2021
Actividades: Primeiros auxilios para bebés, 15 xaneiro de 17h a 20h. Alimentación regulada polo bebé, 29 xaneiro de 17h a 20h. Reserva: 658799470 fundacioneomaia@gmail.com Pza. Maior, 45, Ponteareas
leer másEscritura expresiva
Venres 11 de decembro de 2020 as 19 horas. Pza. Maior, 45, Ponteareas.
leer másO Apalpador
O próximo xoves día 17 faremos un obradoiro en liña no que falaremos sobre o Apalpador. E un obradoiro organizado polo Instituto Galego de Psicoterapia e o Grupo de Apoio Mutuo DI.ME. Diversidade Mental. Para poder participar é necesario que as persoas interesadas...
leer másAl enviar un formulario se solicitan datos como tu email y nombre que se almacenan en una cookie para que no tengas que volver a completarlos en próximos envíos.
Al enviar un formulario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Lucía González
- Finalidad: Responder a solicitudes del formulario
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Tu nombre (datos almacenados sólo en cliente de email).
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.